Compostela: conversa con Pilar García Rego sobre Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros, o 17 de xullo

“O mércores 17 de xullo, ás 20:30, terá lugar na Libraría Chan da Pólvora unha conversa con Pilar Garcia Rego ao redor do seu primeiro poemario, Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (Xerais, 2019). Un acto íntimo e distendido que nos permitirá coñecer máis de perto as texturas cromáticas dunha obra chea de lembranzas, de tensións, de lindes… da posibilidade de ser borrada ou de traspasar todo iso. Un corpo e seus recordos. Un corpo e os seus sentidos.
Na procura desa conversa pausada abrirase un aforo máximo de dez asentos. Reserva o teu chamando ao 881253585 ou a través do chandapolvoralibraria@gmail.com
Introduce a xornalista Delia Corujo.”