A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento da escritora Araceli Herrero Figueroa, socia desta entidade.
Catedrática, escritora, estudosa de moitas das nosas autoras e autores e gran defensora da nosa lingua.
No Centro de Documentación poden achegarse á súa biografía e obra, diversos documentos da súa traxectoria como escritora e ensaísta, e ver as entrevistas que se lle fixeron promovidas desde a AELG ao longo dos anos, entre as que destacamos a gravada o pasado 2019, na que fai un repaso ao conxunto da súa obra:
Máis información aquí.