O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Sen tabús: ler para pensar é unha actividade coordinada por Isabel Mociño, coa que a AELG colabora ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Desenvolverase os mércores 7, 14, 21 e 28 de outubro e o 4 de novembro, sempre ás 18:00. Dado o amplo interese suscitado, as conferencias serán retransmitidas a través do campus remoto da Universidade de Vigo e posteriormente publicadas na páxina web da tvUvigo, como se vén facendo desde a primeira edición do Ciclo. As persoas que se inscriban recibirán as indicacións para poder conectarse a cada unha das charlas en liña.
A inscrición, de balde, debe facerse aquí.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso).
O programa, que tamén pode ser descargado nesta ligazón, é o seguinte:
7 de outubro
Fina Casalderrey
Fórmula máxica para derrubar valos
14 de outubro
An Alfaya
Desbotando tabús. Ler: eu imaxino, viaxo, soño, emociónome, penso, sinto e vivo. E ti?
21 de outubro
Xavier Estévez
Escrito na marxe
28 de outubro
María Canosa
LIX tamén é Lanzadeira de Ideais Xustos
4 de novembro
Marcos Viso
O equilibro poliédrico ou a arte de escribir con imaxes