O 10 de xuño, ás 11:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, preséntase O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón, publicado por Xerais. No acto, o autor presentará á prensa algúns dos contidos da obra. Na conferencia de prensa intervirán, xunto ao autor, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación, Iria Taibo, e o director de Xerais, Fran Alonso.