
Arquivo da categoría: Divulgación
A Coruña: presentación de O sindicalismo obreiro nacionalista galego, de Suso Seixo Fernández
Vigo: charla-coloquio arredor da Guía de Galicia de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Manuel Gago
Nigrán: presentación de Da soia ao grelo. Cociña galego-chinesa, de Betty León Fong
A Coruña: presentación de A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega, de Tomás Cuesta González
Entrevista extensa a José-Maria Monterroso Devesa
Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a José-Maria Monterroso Devesa.
Sonia Villapol: “O cerebro aprende mellor cando algo esperta curiosidade”
Entrevista de Rafa López a Sonia Villapol en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FV): Di que a idea do libro xurdiu das túas charlas con escolares. Que aspectos do cerebro lles espertan máis curiosidade?
– Sonia Villapol (SV): O que máis me sorprende cando visito os colexios ou dou charlas virtuais é a curiosidade dos nenos e nenas, e canto máis pequenos, mellor. Fan preguntas con moito sentido común porque están realmente interesados no que lles estás contando e non teñen vergoña de expresar as súas dúbidas. Queren saber por que se producen as enfermidades, por que a súa avoa ten alzhéimer ou por que non é tan saudable como parece beber un zume de catro laranxas espremidas pola mañá. Os adolescentes, en cambio, adoitan preguntar máis sobre as adiccións, as consecuencias da falta de sono ou como poden memorizar mellor o que estudan. Encántalles descubrir as explicacións biolóxicas das súas propias reaccións impulsivas. Explícolles, por exemplo, o papel da amígdala no procesamento das emocións e como se relaciona con outras rexións cerebrais encargadas de regular as nosas respostas. Tamén lles interesa saber por que lles custa tanto levantarse polas mañás, e aí aproveito para falarlles dos cambios nos ritmos circadianos e na secreción de melatonina durante a adolescencia que é diferente á etapa adulta. Cando entenden que moitos dos seus comportamentos teñen unha explicación neurobiolóxica, quedan fascinados.
– FV: Tiñan algunha falsa crenza sobre o cerebro?
– SV: Un dos mitos máis estendidos é que só utilizamos o 10% do cerebro, e esta é unha pregunta recorrente. Iso é completamente falso. Utilizamos todas as rexións cerebrais, aínda que non todas están activas coa mesma intensidade ao mesmo tempo. Outro mito é pensar que temos un hemisferio creativo e outro racional, coma se as persoas fosen dun tipo ou doutro. En realidade, ambos os hemisferios traballan continuamente conectados e participan en múltiples funcións cognitivas. Comprender o que sucede no noso cerebro tamén nos axuda a comprendernos mellor a nós mesmos e porque nos comportamos así coa nosa familia ou coas amizades. (…)”






