O 13 de xuño, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, dentro do ciclo Pensando o futuro, Manuel Rivas ofrecerá unha palestra baixo o título Saudade do porvir. En tempos de emerxencia, unha excitación creativa fronte a excitación destrutiva do hipercapitalismo e o pensamento bruto. Unha sociedade ecolóxica, que fronte ao desbalde e extinción desenvolva unha nova abundancia de cultura e lecer. Fronte ao círculo vicioso da corrupción e a desigualdade, unha sociedade de decencia común.