A Coruña: presentación de Fonmiñá (1985-2021), de Eduardo Ochoa

O 6 de febreiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Eduardo Ochoa, estudoso e experto en fotografía, presenta o seu libro Fonmiñá (1985-2021). As persoas que asistan levarán de agasallo un exemplar do libro. O público con interese en asistir pode enviar os seus datos a través deste formulario.