“O vindeiro 27 de febreiro, a Oficina Europa Creativa Cultura do Ministerio de Cultura e a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizan unha xornada sobre as oportunidades de financiamento europeo para o sector editorial e do libro galego.
Nesta xornada, presentaranse os requisitos e as bases da convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024, ademais dos formularios e o orzamento da solicitude.
A convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024 está dirixida a entidades legais do sector editorial e do libro. O seu obxectivo é apoiar a tradución, a publicación, a distribución e a promoción de obras europeas de ficción e cada proxecto deberá incluír un paquete mínimo de 5 obras literarias europeas de ficción, establecéndose tres categorías de proxectos segundo o seu orzamento e o volume das obras.
Por outra parte, tamén se exporán outras axudas do subprograma Europa Creativa Cultura que poden ser de interese para o sector: Culture Moves Europe, Proxectos de Cooperación Europea, Redes e Plataformas Europeas.
Lugar: Auditorio do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.
Horario: 10:30 a 13:15 h.
Programa (galego)
Inscricións
Pode seguilo en streaming aquí.”