Auga son chama ao diálogo interxeracional sobre a violencia de xénero

Coa intención de atopar solucións a problemas que nos atanguen como individuos e sociedade, os artistas galegos Elba Pedrosa, Big Meu e Xosé Liz, uníronse por primeira vez para traballar nun proxecto que busca o impacto interxeracional. “Encontrar saídas a situacións polas que todos pasamos nalgún momento, abordando temas sociais e íntimos, desde disciplinas artísticas tan afastadas en apariencia como o hip hop e o folk, ou os versos;”, adiantan como obxectivo que comparten. Musicalmente a proposta foi producida por Coke Céspedes, produtor e rapeiro pioneiro do hip hop en Galicia, máis coñecido no mundo artístico como O Puto Coke.