A AELG participa nas IX Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, en colaboración coa Universidade da Coruña ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
Esta nova edición chega baixo o título de Morreu o demo e viñeron os monicreques!. Terá lugar na cuarta feira/mércores 28 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Desde a Universidade colaboran con esta actividade as profesoras Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente.
Participan:
– Anxo García, quen falará sobre o Proxecto Barriga Verde: da barraca á aula.
– Larraitz Urruzola, quen fará un Obradoiro de monicreques.
A entrada é libre e gratuíta.
