A Coruña: IX Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, o 28 de outubro

Destacado

A AELG participa nas IX Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, en colaboración coa Universidade da Coruña ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.

Esta nova edición chega baixo o título de Morreu o demo e viñeron os monicreques!. Terá lugar na cuarta feira/mércores 28 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Desde a Universidade colaboran con esta actividade as profesoras Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente.

Participan:
– Anxo García, quen falará sobre o Proxecto Barriga Verde: da barraca á aula.
– Larraitz Urruzola, quen fará un Obradoiro de monicreques.

A entrada é libre e gratuíta.

Propostas de actividades arredor da figura de Barriga Verde, pola Asociación Cultural Morreu o Demo

A Asociación Cultural Morreu o Demo presenta a súa oferta de actividades para recuperar a memoria de Barriga Verde. Charlas, proxeccións, obradoiros e unha exposición están dispoñibles para centros de ensino, bibliotecas e todo tipo de espazos culturais.
O catálogo pódese consultar nesta ligazón, ou descargarse aquí: Catálogo Barriga Verde 2013_14.

Premios: XIX Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, V Manuel María de literatura dramática infantil e VIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques

Lémbrase que o vindeiro 11 de xuño remata o prazo de recepción de orixinais dos premios XIX Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, V Manuel María de literatura dramática infantil e VIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. (DOG nº 49, 12 de marzo de 2010). Aquí o PDF da convocatoria.