Entrevista con Antonio Piñeiro, recente gañador do Premio García Barros

Entrevista con Antonio Piñeiro, recente gañador, con As fiandeiras, do Premio García Barros, en Galaxia:
“- Galaxia: ¿Qué nos contas en As fiandeiras, recente premio Manuel García Barros?
– Antonio Piñeiro: O asunto toca un deses recónditos acontecementos nos que a Historia soe esconder o seu caleidoscopio de emocións, fervenzas humanas e razóns do que vimos ser. Na Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de finais do século XIX, ten lugar un triángulo afectivo arredor do cal se desenvolve unha trama con certo tinte inquisitorial. Trátase de volver someter a unhas mulleres (fiandeiras) que cometen o impensable acto de tirar para diante por si mesmas, molestando os intereses dunha importante industria e do sistema. O paralelismo co momento insurreccional é evidente, así como tamén o é o xogo literario co mito de Aracné: a tecedora que se rebela contra Minerva, e cuxa historia reflicte o cadro de Velazquez. (…)”