O 2 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia terá lugar a presentación da edición facsímile do libro Xornadas de Bastián Albor de Álvaro de las Casas, con edición e estudo a cargo do profesor Xavier Castro Rodríguez. No acto intervirán, xunto a el, Antonio Piñeiro Fernández e José Pérez Martínez, concelleiro de cultura. Con este libro, publicado polo Concello de Noia, lémbrase que este ano se celebra o 75 aniversario do falecemento do eu autor, que foi profesor en Noia de 1930 a 1936. A entrada é libre.
Arquivos da etiqueta: Antonio Piñeiro
Acta do xurado do XXIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
“En Noia, sendo ás 13:00 h do día 26 de decembro de 2024, reúnese o xurado do XXIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, constituído polos seguintes membros:
– D. Santiago Freire Abeijón, alcalde-presidente do Excmo. Concello de Noia, como Presidente de Honra.
– D.ª Oliva Fraga Lombardía, responsable da Casa da Cultura de Noia que actúa en calidade de secretaria deste xurado, con voz e sen voto.
– D.ª Ana Romaní Blanco, poeta, xornalista cultural e académica numeraria da Real Academia Galega
– D. Ismael Ramos Castelo, poeta e profesor.
– D. Antonio Piñeiro Fernández, profesor, editor e escritor.
Rematadas as deliberacións e por UNANIMIDADE, o xurado decidiu declarar gañadora a obra titulada TREBÓN DO NORTE, presentada baixo o pseudónimo TREBÓN DO NORTE, e que aberta a correspondente plica resultou ser da autoría de Agustín Agra Barreiro.”
Artes, Ribeira: inauguración da exposición “A tres”, sobre libros de artista de Pepe Cáccamo, Baldo Ramos e Antonio Piñeiro
Lugo: presentación de Un ferrado de terra, de Xerardo Quintiá
Ribeira: presentación de Inzo, de Antonio Piñeiro
Melide: presentación de Historias de Barbantia
Ribeira: presentación de Historias de Barbantia
Celanova: presentación de Convalecencia, de Baldo Ramos
Noia: entrega do XXII Certame Literario de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos
Xosé Ricardo Losada Vicente gaña o XXII Certame Literario de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
“O 29 de decembro 2023, os membros do xurado do XXII Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos reuníronse na Casa da Cultura para emitir publicamente a súa decisión e dar a coñecer o novo gañador do XXII Certame Literario.
O xurado constitutído por Santiago Freire Abeijón, presidente de honra; Oliva Fraga Lombardía, traballadora da concellería de cultura e que actuou en calidade de secretaria; Antonio Puentes Chao, profesor e escritor; Raúl Soutelo Vázquez, profesor e escritor, e Antonio Piñeiro Fernández, profesor, editor e escritor, e despois das deliberacións, e por unanimidade, declarou gañador a obra titulada Un inferno frío, da autoría de Xosé Ricardo Losada Vicente, de Rianxo.”