Desde Sermos Galiza:
“A editorial con sede en Compostela, El Patito Editorial, publica en galego a novela gráfica de Karasik e Mazzuchelli Cidade de Cristal, unha adaptación do relato de Paul Auster incluído na súa Triloxía de Nova York. O escritor Xavier Queipo é o encargado de traer a obra ao galego. (…)
“É un dos meus autores de referencia, quer na súa prosa, quer nos filmes que se fixeron a partires dos seus textos. Ten unha característica para min moi querida: Foi profesor en Francia e, daquela, utiliza unha linguaxe moi asequíbel no orixinal en inglés para lectores de linguas romances. Nunca estiven en Nova York (debo ser dos poucos escritores da miña xeración), mais si coñezo Brooklyn a partir dos seus textos. Tiven a oportunidade de encontralo en Bruxelas e foi un pracer falar con el uns minutos, pois é moi accesíbel e extremadamente amábel”, sinala Xavier Queipo, tradutor do texto da novela gráfica. (…)