Recinto Gris, de Ledicia Costas, publicado en Xerais, foi escollido para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade, na IBBY Collection 2015 Collection of Books for Young People with Disabilities.
O libro será incluído no Catálogo que se presentará en roda de prensa o 30 de marzo de 2015 na Feira Internacional do Libro de Boloña, “Bologna Children’s Book, 2015”.