O xoves 10 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Sisargas (Rúa San Roque, 7, baixo), na Coruña, preséntase o número 32 da Revista Murguía, dedicada ás Irmandades da Fala e a Galiza do seu tempo, coa presenza de Pilar García Negro e Uxío-Breogán Diéguez, director da publicación. O acto enmárcase nun ciclo de actividades que organiza a ‘Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña‘ en homenaxe e lembranza ao ‘Levantamento de Pascua” na Irlanda de 1916.