Arquivo da categoría: Revistas
Compostela: presentación do número 46 da revista Dorna
Compostela: apresentación do número 191 da revista Terra e Tempo
Pontevedra: XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Maceda homenaxea Francisco Carballo no centenario do seu nacemento
Desde Nós Diario:
“A xornada desenvolvida neste 15 de marzo en Maceda arrancou ás 11 horas na parroquia natal de Carballo, Asadur, cunha ofrenda floral no cemiterio onde está soterrado desde o seu falecemento en 2014.
Os asistentes ao acto desprazáronse ás 11:30 á casa familiar de Carballo, onde o seu amigo e compañeiro de loita nacionalista, Celso Sánchez, deu lectura a un escrito do homenaxeado. Media hora máis tarde, interveu a alcaldesa da localidade, Uxía Oviedo.
A xornada promovida pola Asociación Amigos de Francisco Carballo (AAFC) tivo os seus actos centrais ás 12 horas no salón de actos do Concello de Maceda, onde actuou como mantedor o presidente da entidade, Santiago Prol.
O acto arrancou coa actuación musical de Ergutío Cantareiras e a proxección do audiovisual Lembrando a Francisco Carballo, onde se recollen diversos aspectos da súa vida.
A continuación tomaron a palabra a concelleira de Cultura de Maceda, Beatriz Cuenca; o presidente da Fundación Terra e Tempo Francisco Rodríguez; a sobriña do homenaxeado Milagros Calvo Carballo; os antigos cregos Manuel Peleteiro e Antón Gómez; o xornalista Xan Carballa; o ex alcalde de Maceda Bieito Seara; e a portavoz nacional do BNG Ana Pontón.
O acto serviu para presentar o último número da revista Terra e Tempo, dedicado ao homenaxeado e titulado Francisco Carballo. Na fronteira do eclesial e co corazón na Galiza, que ofrece unha completa e detallada panorámica sobre a súa figura, obra e traxectoria.
A publicación recolle a colaboración de amigos, compañeiros de militancia política e especialistas na figura de Carballo, como Francisco Rodríguez, Milagros Calvo Carballo, Antón Gómez, Victorino Pérez Prieto, Pilar Allegue, Xosé Lois Ruiz Vicente, Anselmo López Carreira, Bieito Lobeira, Bieito Seara, Xoán Carlos Garrido Couceiro e Santiago Prol.”
A Coruña: conversa arredor da revista Quiasmo
Couso (Gondomar): presentación do número 24 da Revista de Estudos Miñoráns
O venres, 14 de febreiro, ás 20:00h na Casa Veciñal de Couso terá lugar a presentación da revista de Estudos Miñoráns Nº24. No acto intervirán varios dos autores que participaron nesta edición da revista.