Bases do VIII Premio Narrativas Quentes

1. Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relatos, cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 150, que estea escrita en lingua galega, e que a temática teña relación co sexo, co erotismo.
2. Os traballos deberán enviarse por triplicado. Adxuntarase sempre o enderezo, teléfono e correo electrónico, e unha fotocopia do DNI en sobre á parte.
3. Prazo límite de presentación: 15 de xuño de 2018.
4. Haberá un único premio que consistirá na publicación do texto premiado. Dito premio pode quedar deserto.
5. O fallo do xurado farase público o seis de setembro de 2018, e acto seguido presentarase a edición da obra premiada.
6. Os orixinais non premiados non serán devoltos.

A obra a concurso e a documentación relativa remetirase ao seguinte enderezo:
EDICIÓNS POSiTiVAS
VII PREMIO NARRATIVAS QUENTES
Rúa das Carretas, 18, baixo
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA”