Desde a A. C. Alexandre Bóveda:
“O 25 de abril, día do 50 aniversario da revolución portuguesa, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Margarita Ledo Andión ofrece unha palestra para falar da experiencia persoal e militante do 25 de abril como paisaxe amiga. Será presentada por Xocas Bermello, historiador. As persoas asistentes recibirán como agasallo a revista 50 anos do 25 de abril desde Galiza.”