O domingo 26 de agosto, ás 12:00 horas no Alto do Furriolo (A Bola), terá lugar o acto poético e musical de homenaxe ás vitimas da represión franquista, con especial lembranza de Elixio Rodríguez e César Álvarez e inauguración da segunda fase do Mural do Furriolo.
Neste acto van falar Anxo Quintana (vicepresidente da Xunta de Galicia), Xosé Vizoso (deseñador do monumento ás vítimas da represión franquista no Furriolo), Eudosio Álvarez (neto de César Álvarez), un representante da familia de Elixio Rodríguez e Aser Álvarez, presidente da Asociación Arraianos.
A continuación haberá un recital poético que vai contar coa intervención de Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Vidal Villaverde, Manuel Outeiriño, e José Viale Moutinho. (Asociación Arraianos)