Presentación en Ferrol de “Política en galego dise pacto”, de Bieito Rubido

O xoves 20, ás 20:30 horas n’ A Galería Sargadelos de Ferrol, terá lugar a presentación do libro do xornalista Bieito Rubido Política en galego dise pacto. As eleccións municipais do 2007 en Galicia, editado por Biblos. No acto intervirá Tucho Calvo, ademais do autor.