Tempo de elexía, novo audio-libro de Uxío Novoneyra

Alvarellos Editora publica esta semana (onte saíu á venda) o audio-libro Tempo de elexía de Uxío Novoneyra, que inclúe un recital íntegro e inédito do poeta pronunciado en Lugo en 1982. A obra será presentada en Lugo e Santiago nas próximas semanas.