Fernando Arribas Arias: ”Temos que partir do pasado para construír o futuro”

Entrevista a Fernando Arribas Arias en El Progreso:
“- El Progreso (EP): Na súa intervención do curso Paisaxes Simbólicas vostede falou da importancia que tén o patrimonio en Galicia. A que se debe ese valor?
– Fernando Arribas Arias (FAA): O patrimonio en Galicia, referido especialmente ós cruceiros e cruces, é unha cousa que forma parte da nosa identidade. Estas construcións están completamente implicadas na nosa paisaxe dende o século XIV ata os nosos días, e son un elemento diferenciador da nosa cultura. (…)
– EP: Dicía hai uns días o arqueólogo vilalbés Eduardo Ramil que “as sociedades máis avanzadas son as que lle dan importancia á súa historia”. Apoia vostede esa afirmación?
– FAA: Completamente. Sempre se dixo que un pobo sen historia é un pobo condenado a repetir os erros do pasado, un pobo sen futuro. Nese pasado, o patrimonio artístico é unha parte importante dese futuro. O exemplo de antes, o do veciño que me quería vender o cruceiro, serve tamén para este caso. Cun coñecemento do seu pasado, xa tiña unha nova proxección de futuro, a de non venderme o cruceiro. É unha mágoa que a maioría da xente non se interese polo seu pasado, non xa de xeito universal, senón pola historia da súa vida. A gran parte da poboación sabe o que son as pirámides, pero nunca oíu falar dunha mámoa, porque lle damos máis importancia ó de fóra que ó que está ó lado da casa. E para construírnos a nós mesmos, máis importantes son as mámoas que as pirámides. (…)”.