El Progreso convoca a 19 edición do premio Puro Cora

El Progreso ven de convocar o XIX Premio Xornalístico Puro Cora, que premiará con 10.000 euros o mellor artigo en galego ou en castelán de entre os que concorran. Os textos terán que ser publicados por primeira vez entre o 2 de febreiro e o 15 de decembro de 2011 en medios de comunicación escritos e deberán estar asinados polo seu autor.
O tema do é libre, aínda que o xurado valorará especialmente aqueles que atendan á solidariedade, a comprensión entre vos homes e a defensa dos valores democráticos.
Os traballos dos aspirantes deberán ser remitidos por cuadriplicado e cun sobre cos seus datos persoais ao diario El Progreso, situado na Rúa Puro Cora, 3, 27002 de Lugo. O prazo para a recepción de orixinais remata o 30 de decembro de 2011.
Cada membro do xurado poderá propor cantos traballos considere merecedores do premio, un galardón único e indivisible que estará dotado con 10.000 euros. O xurado, presidido de forma vitalicia por quen ostente a presidencia do Progreso, dará a coñecer o fallo o 2 de febreiro de 2012, ao chegar o aniversario do nacemento do fundador do diario, Purificación de Cora y Más Villafuerte.”