A Coruña: recital de Anxo Angueira e Ada Salas no Ciclo Poetas Di(n)versos

O luns 5 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Anxo Angueira e Ada Salas.