A Coruña: recital de Lino Braxe e Veronika Dintinjana no Ciclo Poetas Di(n)versos

O luns 23 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño, co recital poético de Lino Braxe e Veronika Dintinjana.