“O sábado 19 de maio, ás 23:30 horas, en La Fabriquería (Avenida da Concordia, 29) de Tui, terá lugar unha nova edición de Moita poesía, pouca diversión, un espectáculo que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de esguello. Lucía Aldao e María Lado válense do humor, da música en directo e da participación do público asistente, que descubrirá que a poesía non só é patrimonio deses señores con barba que nos aburren coa súa leria.”