O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xosé Ramón Pena polo seu libro Como en Alxeria. Crónica dun tempo, o seu autor asegura que o que conta na súa nova novela forma parte da historia de Galicia e da historia do galeguismo. Trátase da crónica da mocidade dun tempo no que tamén están presentes o amor, a traizón e as dificultades da vida, situadas nun momento histórico moi concreto: a loita contra a ditadura franquista, a ascensión de Fidel Castrol en Cuba, a revolución en Alxeria, etc. A novela «parte dun feito real do que eu tiven noticia nun momento determinado e que pertence á historia do galeguismo», asegura Xosé Ramón Pena. Aquí pode escoitarse ou descargarse a entrevista completa. Desde Xerais.