O mércores 5 de xuño prosegue a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Mércores 5
– 19:30 h. Presentación do libro premiado polo Concello de Ourense. Participan no acto Ana Garrido, concelleira de Cultura, Ramón Caride Ogando, Miguel Anxo Fernán-Vello, gañador do XXVIII premio de poesía Cidade de Ourense, coa obra Habitación do asombro e Alberto Ramos, gañador do XIII premio Risco de creación literaria coa obra Todos os días.
– 20:30 h. O escritor Ramón Caride, presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto Aktual, da colección Fóra de xogo), publicado por Xerais. Participarán Manuel Busto e o autor.