Entrevista a Xabier López en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Como é esa novela que se sae do habitual?
– Xabier López (XL): Creo que o xurado foi valente nese sentido, porque escolleu unha novela pouco convencional. É unha novela fragmentaria pero non minimalista. Creo que diría o contrario: que é maximalista. É unha novela que vai encadeando historias, pode ser entendida como un libro de pequenas novelas, pero tamén ten unha continuidade.
– LVG: ¿Cal é o fío argumental de todas as pequenas novelas?
– XL: Son cen anos da historia de Galicia, desde finais do XIX ata finais do XX. Pero o que a novela conta en conxunto, o que teñen en común as novelas é a narración de dominacións e sometementos de tipos diferentes, desde o autor sometido aos lectores, pasando pola a guerra de Cuba ou Sidi Ifni, chega ata os anos oitenta.
– LVG: Unha historia de Galicia e de dominación. ¿Cre que Galicia é un país sometido?
– XL: Non é nese sentido. O sometemento ou a dominación son historias universais, pero estas son historias universais contadas desde o punto de vista galego, contadas desde aquí.
– LVG: ¿Como cre que resultará a proposta para os lectores?
– XL: A estas alturas está todo inventado e creo que a proposta é máis que asumible para os lectores e que mesmo permite que cada lector escolla como quere participar na novela.”