Entrevista a Manuel Veiga en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que é Os xornalistas utópicos?
– Manuel Veiga (MV): É un libro que comeza en 1977 coas primeiras elección democráticas e acaba no 2007-08, a pé da crise. Conta con escenarios diferentes, dende o Madrid da Transición, pasando por Vigo, Monforte, San Francisco e Porto. O libro está escrito nun estilo directo, ás veces chega a ter un ton case de conversa. Aínda que non estaba previsto cando empecei a escribilo, resultou case un balance dos trinta anos de democracia. (…)
– LVG: ¿Como entende vostede a literatura?
– MV: Eu non son unha persoa que planifique os libros; non sei cando empezo nin como vai acabar o libro. Entendo a literatura dunha maneira bastante libre; aínda que fale de cousas moi reais e dunha maneira moi directa, en realidade, todo vai un pouco por onde o leve a imaxinación. Creo que a literatura debe ter bastante de espontánea. (…)”