A Coruña: obradoiro O ollo da arte (II), dirixido por Antía Otero

O ollo da arte II, obradoiro impartido por Antía Otero, propón coñecer, descubrir e valorar o feito contemporáneo e a creación actual a través dunha mirada propia. Se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza… e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns… ou se non tes nada pensado, pero posúes inquietudes artísticas e ganas de deixarte levar polo proceso e a deriva…. O ollo da arte II é un laboratorio de creación que está pensado para iso.
Empregando a práctica, ferramentas que nos axuden a colocarnos na propia experiencia artística, xerando dinámicas de grupo nas que tod@s sexamos creadoras e espectadores a un tempo e marcando un plan de traballo, dende a primeira xornada teremos a oportunidade de colocarnos na pel d@ outr@ e de acompañarnos nos procesos partindo dunha vía de traballo personalizada para cada participante.
Ao longo do laboratorio teremos a visita de dous creadores que traballen en activo e que se achegarán a NORMAL para compartir co alumnado as súas experiencias, guiar os proxectos e aportar novas ferramentas.

OBXECTIVOS:
– Presenciar – Escoitar – Poñerse na pel do outr@ – Materializar – A deriva.

METAS:
– Participar en actividades cooperativas e dinámicas de grupo.
– Abrir vías de percepción empregando a experimentación e a imaxe como material de traballo.
– Materializarnos a través das palabras, do concepto e da imaxe.
– Ser o máis conscientes posible do acto creativo e das ferramentas das que dispoñemos para chegar a el.

TEMAS:
– A mirada: o retrato, o autorretrato, o voyeur, a identidade.
– O espazo : físico, recreado, mental, conceptual, trans, performance.
– O son: o silencio, a presencia.
– O corpo : denuncia, soporte, espido, obxecto, o propio material.
– O efémero/ o residuo.
– Contar: a ocultación, a desocultación, a familia.
– O público/ o privado/ a ventá/ o escaparate/a cortina/ eu-o outro.
– O collage contemporáneo.
– Vídeo: found footage, collage, live cinema.
– Outras escritas.

ORGANIZACIÓN:
– Lecturas / conversas.
– Teoría / exercicios prácticos na aula e na rúa individuais e en grupo.
– Visita(s) de outros creadores.
– Folla de ruta persoal.

Datas: todos os luns entre o 24 de febreiro de 2014 e o 12 de maio de 2014.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: CUBO de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: un mínimo de 8 e un máximo de 15 persoas.
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 1 até o 15 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse.
• prema en “ver máis”.
• siga a ligazón “inscrición”.
• seleccione o xeito de pagamento e confirme.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es