Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Hai tempo que quería escribir sobre Reubicando a Díaz Castro, o valioso documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o poeta de Guitiriz que estrou a TVG o pasado 18 de maio.
Non é mérito menor ter asinado unha proposta como esta nun ano no que, á parte doutras achegas puntuais, foron filmados varios outros documentais sobre o autor tamén moi interesantes. Mais Reubicando a Díaz Castro engade a todos eles unha ben persoal visión do universo diazcastriano, o que logra cunha xenuína mestizaxe de voces e imaxes que nos achega ao mundo do escritor guitiricense como antes non se fixera.
Reubicando a Díaz Castro avanza no visual combinando imaxe en movemento e estática, deixándose levar no fío da narración pola profusión de primeiros planos e planos xerais e o xogo de luces, con paisaxes interiores e exteriores que percorren toda a xeografía matricial de Díaz Castro: a Serra de Montouto, os soutos e carballeiras dos Vilares, os espazos do Vilariño. (…)”
O documental completo pode verse aquí.