Xerardo Quintiá gaña o XX Premio Narrativa Breve Repsol

“A obra baixo o título e lema A Miseria de Xerardo Quintiá, resultou gañadora da XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega e recibirá unha dotación de 15.000 euros alén da publicación do libro pola Editorial Galaxia. Así o comunicou esta mañá o voceiro do Xurado, Armando Requeixo.
O acto do ditame deste 20º aniversario foi na Fundación Luís Seoane e contou coa presenza de representantes das entidades impulsoras do premio: o secretario xeral de Lingua, Valentín García, a directora da Refinería de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro; o concelleiro de Cultura e Turismo coruñés Gonzalo Castro; o director xeral da Editorial Galaxia, Marcos Calveiro; Cesáreo Sánchez, Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG); Dolores Sánchez Palomino, académica da Real Academia Galega e Armando Requeixo como voceiro do Xurado.
Este ano a convocatoria do XX aniversario superou o número de obras presentadas con máis de 60 obras orixinais e inéditas.
O Xurado da XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol estivo composto este ano por cinco recoñecidas voces das letras galegas: o director Xeral da Editorial Galaxia, Marcos Calveiro; a escritora e gañadora da XIX edición do Premio Narrativa Breve Repsol, Carmen V. Valiña; a arquiveira e membro da Comisión Executiva da Real Academia Galega, Dolores Sánchez Palomino; o tamén crítico literario, Armando Requeixo, e a poeta e escritora nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Alicia Fernández.
Armando Requeixo, voceiro do Xurado desta edición, destacou da novela de Xerardo Quintiá ” a capacidade para artellar un relato de fonda sensibilidade social, que plasma a traxedia dun desafiuzamento e as dramáticas consecuencias que provoca na familia que o padece.
Tamén si, salientou especialmente o talento do autor para espellar a transformación na identidade do protagonista, que ve como unha vida acomodada acaba virando nunha traxedia que remata por anulalo”.
Segundo os membros do Xurado a obra “está escrita cunha prosa de moi fino burilado, chea de imaxes poéticas, esta historia conmoverá ao lectorado, convidándoo a repensar o inclemente e feroz mundo no que vive unha parte da sociedade actual. (…)”

Ortigueira: Programa do Congreso “Cunqueiro en Ortigueira en 1936” do 2-3 outubro 2026 e formulario de inscrición

Desde a Asociación Terras do Ortegal:
“O congreso que está a organizar Terras do Ortegal, e que terá lugar os próximos 2 e 3 de outubro (venres tarde e sábado mañá) no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, xa ten o programa completo.
En semanas anteriores fomos dando conta e anunciando as persoas que participarían cunha charla ou relatório no congreso, pero agora temos xa a palestra completa.
Está formado por un plantel selecto de profesores, ensaístas, escritores, editores e historiadores, combinando homes e mulleres tanto do Ortegal como de fora do noso territorio, nunha combinación que agardamos mereza a atención das persoas interesadas na figura e na obra de Álvaro Cunqueiro.
Como temos lembrado en numerosas ocasións en todos estes días de prolegómenos do evento, Álvaro Cunqueiro chegou a Ortigueira a primeiros de outubro de 1936, poucos meses despois da sublevación militar e do inicio da Guerra Civil —van polo tanto 90 anos desde súa chegada— e aquí estivo ata mediados de maio de 1937, case 8 meses.

Inscrición no Congreso
A inscrición é gratuíta pero necesaria, tanto por cuestións loxísticas como polas limitacións de espazo da sala que acolle ao Congreso, e debe facerse AQUÍ:

Programa do Congreso
Enumeramos a continuación os relatorios que conforman o congreso. Cada un dos relatores será presentado por persoas colaboradoras da asociación Terras do Ortegal relacionadas co mundo da cultura nas súas diversas formas, ás que agradecemos a súa participación.”

Francisco Javier Vázquez Losada gaña o XI Concurso Balbino de Relatos

Ponteareas: actividades do 11 de xullo da Feira do Libro 2026