O xoves 13 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa de Galicia de Madrid (C/ Casado del Alisal, 8), terá lugar a presentación de Tántalo, de Yolanda López López. No acto, onde tamén haberá un recital de poesía e música, participan, xunto á autora, Vicente Araguas e Manuel Pereira Valcárcel, acompañados polo guitarrista Pablo Pollo.