O sábado 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Libraría Porta da Vila de Viveiro (Rúa Pastor Díaz, 29), preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, editado pola A. C. Caldeirón. No acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participan, xunto aos autores, Carlos Nuevo Cal e José Pino González.