
Arquivos da etiqueta: A. C. Caldeirón
Presentación de Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez Estévez, en Vigo
Bases do XXI Certame de poesía erótica Illas Sisargas 2026
A Coruña: presentación de Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez Estévez
Presentación de Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez Estévez, na Coruña
Vigo: recital poético e presentación da Editorial Caldeirón
Recital poético e presentación da Editorial Caldeirón, en Vigo
A Coruña: recital poético Caldeirón con motivo da exposición de Peter Kramer
Recital poético Caldeirón con motivo da exposición de Peter Kramer, na Coruña
Nuria Vil gaña o certame de poesía erótica Illas Sisargas
Desde La Voz de Galicia:
“De Santo André de Comesaña (Vigo) e activista polos dereitos LGBTQIA+, Nuria Vidal Prado —coñecida por Nuria Vil no eido artístico— é a gañadora da vixésima edición do certame de poesía erótica Illas Sisargas coa súa obra Desobediensia.
O xurado, integrado por Paco de Tano, María Lado e o gañador no 2024, Francisco Fernández Davila, recoñeceron «a súa visión novidosa do erotismo» e unhas imaxes fluídas que «evitan conceptos manidos». Así mesmo, cualificaron o poemario de «moderno, actual e irreverente», e recalcaron que, malia o seu carácter contemporáneo, «consegue emitir lirismo, mesmo cando introduce a AP-9 ou contidos de carácter social». A utilización do seseo e a gheada ou o elevado ritmo poético foron outras das características que valorou o xurado.
Nuria, que se confesou ilusionada en Malpica, salientou que levaba anos querendo «escribir e performar para nutrir o imaxinario do desexo máis aló da compracencia á ollada cisheteromasculina que define moitos dos estímulos que nos chegan».
Por parte de Caldeirón, entidade organizadora, Paco de Tano agradeceu a participación e explicou que este ano se recibiron 19 obras. A concelleira Noelia Freijeiro, pola súa banda, reflexionou sobre a traxectoria do certame, que acumula xa vinte edicións, e dixo que a poesía «é un lugar onde todos podemos arder un pouco sen queimarnos».”






