Pontevedra: faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, con María Solar

O1425387949038bannerfaladoiros2015 venres 27 de marzo, ás 18:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, coa participación de María Solar, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que conta coa colaboración da AELG.
A historia está repleta de científicos esquecidos e de grandes xestas da ciencia cubertas pola capa da invisibilidade que tantos escritores soñaron para os seus personaxes de ficción. Os problemas da divulgación científica e a fenda entre ciencias e letras colaboran nese esquecemento. Mais, a literatura pode xurdir como un elemento rescatador da ciencia e dos científicos. Desde a Literatura infantil e xuvenil á de adultos. Asi sucede coa esquecida Isabel Zendala, a coruñesa reitora da casa de expósitos que en 1803 acompañou ao doutor Balmis na Real Expedición Filantrópica da varíola que axudou a que hoxe sexa a única enfermidade erradicada do mundo grazas a unha vacina.