Os Premios da Cultura Galega 2026 recaen en María Solar, Almudena Fernández Fariña, Elefante Elegante, Asociación Galega de Empresas Musicais, Alfonso Zarauza, Espazo Lectura, Obradoiro de Gaitas Seivane e o Festival EmigraSON

Desde a Xunta de Galicia:
“O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
– Letras: María Solar
– Artes Visuais: Almudena Fernández Fariña
– Artes Escénicas: Compañía Elefante Elegante
– Música: Asociación Galega de Empresas Musicais
– Audiovisual: Alfonso Zarauza
– Lingua: Espazo Lectura
– Patrimonio Cultural: Obradoiro de Gaitas Seivane
– Proxección Exterior: Festival EmigraSON
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral da Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto López; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a secretaria do Consello da Cultura Galega, Paula Cabaleiro, e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega. Tamén integraron o xurado a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; a directora da Fundación Pública Camilo José Cela, María Jesús Martínez; a directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, Concepción Pombo, e a comisaria de arte Pilar Corredoira. Ademais, exerceu como secretaria Marta Bermúdez, xefa de servizo dos Centros Museísticos da Xunta.
Con estes galardóns, a Xunta distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.”

A Coruña: actividades do 8 de agosto na Feira do Libro 2026

Feira do Libro da Coruña 2026

O programa pode consultarse aquí.

‘Hoxe toca Leiva?’, a última novela de Lois Pérez, ambientada no Grove

Entrevista de María Solar a Lois Pérez na Televisión de Galicia:
“Novela de 282 páxinas pola que circulan máis de media ducia de personaxes singulares. Rodeando todo o rumor de que esa noite o cantante Leiva vai actuar no Grove. Un cóctel que combina algunhas das filias e fobias do seu autor. A entrevista pode verse aquí.”

Tamara Andrés descobre a poeta Matilde Lloria en ‘Eu son de aquí e de alá’

Entrevista de María Solar a Tamara Andrés na Televisión de Galicia:
“Resultado dunha investigación persoal, que reconstrúe a memoria dunha poeta. Matilde Lloria naceu en Almansa, Albacete, en 1912; escribiu en galego, valenciano e castelán. A entrevista pode verse aquí.”

Carballo: actividades do 12 de xullo na Praza dos Libros 2026

Ponteareas: actividades do 10 de xullo da Feira do Libro 2026

Praza dos Libros 2026, en Carballo