Compostela: obradoiros de Creación Literaria 2015-2016 da A. C. O Galo

Desde Asociación Cultural O Galoa A. C. O Galo:
“A Agrupación Cultural O Galo inicia un novo ano académico do obradoiro de creación literaria 2015-2016, dirixido a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto pola escrita como pola lectura. A nosa idea é axudar a todas as persoas que por calquera razón aínda non se atreveran a mostrar o/a escritor/a que levan no seu interior ou que queren mellorar a súa escrita, estar en contacto con outras persoas que comparten este interese e ter oportunidade de intercambiar ideas e experiencias con xente afín.
As aulas serán fundamentalmente prácticas, e dende a práctica xurdirán os aspectos teóricos: a historia, a acción, o punto de vista, o tempo, o tratamento dos personaxes, a construción do discurso, etc. As sesións desenvolverán pequenas unidades didácticas, que se adaptarán ao ritmo dos asistentes; é decir, serán sesións abertas, pois como se persegue a participación activa, sempre aflorarán cuestións que necesiten desenvolverse en máis tempo do estipulado en principio.
Temporalización do obradoiro de creación literaria 2015-2016
O obradoiro de creación literaria 2015-2016 comezará en outubro e finalizará a finais de maio, tendo en conta o período de vacacións e días non lectivos do lugar onde se imparta; é dicir, teremos sesións ao longo destes meses menos cando peche o centro ou este esté de vacacións. As sesións presenciais serán dunha hora semanal, e o obradoiro contará cunha web colaborativa que permitirá interactuar todos os días
Lugares e horas do obradoiro de creación literaria 2015-2016
O obradoiro de creación literaria ofrécese nos seguintes lugares e horarios, que se confirmarán unha vez pechado o período de inscrición:
– CSC de Conxo. Sábados de 11:00 a 12:00 h.
– Libraría Pedreira. Xoves de 19:00 a 20:00 h.
– Libraría Couceiro. Venres de 18:00 a 19:00 h.
Prezo e inscrición no Obradoiro de Creación Literaria 2015-2016
O obradoiro terá un custo de 30€ mensuais por alumno, 27€ en caso de seren soci@s da asociación ou estar inscritosno paro. A primeira sesión será gratuita, previa inscrición. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Pode facerse aquí.”

conxopedreiracouceiro