Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural O Galo
Compostela: presentación de O sindicalismo obreiro nacionalista galego, de Suso Seixo Fernández
Presentación de A batalla pola nación. Historia da creación e consolidación da Unión do Povo Galego. Volume I (1950-1956), de Xosé Ramón Ermida Meilán, en Compostela
Compostela: presentación de A batalla pola nación. Historia da creación e consolidación da Unión do Povo Galego. Volume I (1950-1956), de Xosé Ramón Ermida Meilán
Pico Sacro: Alba de Gloria 2026, o sábado 18 de xullo
Desde a A. C. O Galo:
“O próximo sábado, 18 de xullo de 2026 ás 12h, a Federación Galiza Cultura, da man da A. C. O Galo e a A. C. Vagalumes, celebra no cumio do Pico Sacro a LECTURA DO ALBA DE GLORIA DE CASTELAO, un dos textos máis fermosos da literatura galega e que o noso grande político e artista escribiu estando xa exiliado en Bos Aires.
Cada ano lembramos así a subida a este monte de Afonso R. Castelao e un grupo de amigos seus, algúns deles membros das Irmandades da Fala. A A. C. O Galo convídate á esta lectura e á visita guiada que realizaremos despois de xantar de campo. Non necesitas anotarte, podes traer contigo acompañantes, cada quen utilizará o transporte que coide máis acaído e traerá a súa comida.
ALBA DE GLORIA, SÁBADO 18.07.2026 ás 12h. NO CUMIO DO PICO SACRO:
12h: Benvida e intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritor@s en Lingua Galega.
12: 30h: Rubida ao último treito do cumio do Pico Sacro con descanso na capela. Xa no petouto, a A. C. Vagalumes, a A. C. O Galo e varias das persoas, lerán Alba de Groria de Castelao.
13:30h: Baixada con parada para ver a chamada cova da Raíña Lupa.
15:00 aprox.: Xantar de convivio en Carboeiro. Cada quen levará a súa comida, bebida e cubertos.
Non precisades apuntarvos.”
Compostela: representación do Auto dos simulados da Caravilla, de Manuel María, do grupo de teatro da A. C. Medulio
Representación do Auto dos simulados da Caravilla, de Manuel María, do grupo de teatro da A. C. Medulio, en Compostela
Compostela: presentación do caderno 170 anos do Banquete de Conxo
Presentación do caderno 170 anos do Banquete de Conxo, en Compostela
Compostela: presentación de Personaxes da Galiza medieval IV, o 27 de febreiro
A A. C. O Galo convida á presentación do libro Personaxes da Galiza Medieval IV, o quinto da serie que sobre a idade media en Galiza que están a sacar do prelo. Agasallarase cun exemplar ás persoas asistentes. De querer ir debes anotarte en comunicacion@ogalo.gal antes do xoves 26 de febreiro de 2026 ás 17h., indicando o nome e apelidos. Mandarase desde alí un correo de confirmación indicando que teñen praza as persoas interesadas.









