Bases do XI Certame de Narración Curta do Concello de Curtis

BASES DO CERTAME DE NARRACIÓN CURTA DO CONCELLO DE CURTIS
SUPERMULLERES E SUPERHEROINAS

1. Cartel_Curtis_WEBConvócase o XI Premio de Narración Curta do Concello de Curtis SUPERMULLERES E SUPERHEROINAS: crea a túa propia SUPERHEROINA ou fálanos desa SUPERMULLER que coñeciches.
2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.
4. Deberán enviarse escritos en formato WORD e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 carácteres (espazos incluídos).
5. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: relatoscurtis@gmail.com
Achegarase no arquivo unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
6. A data límite de entrega é o 29 de febreiro de 2016.
7. Establécense dúas categorías:
A. Dos 12 ós 18 anos.
B. Dos 19 anos en diante.
E dous premios en metálico para cada categoría:
– Categoría A:
1º premio de 200 euros.
2º premio de 100 euros.
– Categoría B:
1º premio de 350 euros.
2º premio de 150 euros.
8. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.
9. O xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías se o considerase necesario.
10. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.
11. Convidarase ós/ás premiados/as ó acto de entrega que terá lugar no mes de maio, e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.
12. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.”

Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: relatoscurtis@gmail.com ou chamar ó 651046603.