Arquivo da categoría: Premios Literatura Infantil
Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil 2023
A AELG colabora coas Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil 2023, actividade da Universidade da Santiago, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se puideron levar a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Terán lugar estes tres encontros:
– O 30 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Aprender as palabras para cambiar o mundo, con Paula Carballeira.
– O 6 de novembro, de 12:30 a 14:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Do falado ao escrito. Literaturas de ida e volta, con Antonio Reigosa.
– O 8 de novembro, de 19:00 a 20:30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela: Encontro con Antonio Reigosa.
– O 14 de novembro, de 16:00 a 17:30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela: Encontro con Antía Yáñez Rodríguez.
As actividades serán presentadas por Carmen Ferreira Boo e Marta Neira Rodríguez.
Retransmisión da festa de entrega dos Premios Xerais 2023
Bases do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2023
Andrea Barreira gaña o certame de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade Agustín Fernández Paz
Desde Nós Diario:
“O Xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba (comarca da Terra Chá) e Edicións Xerais, e formado por Don Manuel Bragado Rodríguez, Dona Beatriz Maceda Abeleira e Don Pablo Nogueira Campo. O Xurado acordou, por unanimidade, outorgar o premio á obra titulada Quen precisa unha avoa?, da autora Andrea Barreira Freije.
O dítame valorou na novela o novidoso enfoque sobre o idadismo (discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores), a toma de consciencia sobre as necesidades das avoas por parte das crianzas, así como a importancia da observación e os coidados nas residencias de maiores.
A conciliación familiar, o tecido da rede de afectos e a sororidade entre todos os personaxes son outros temas desta novela na que a autora a través do humor transmite dun xeito maxistral a complicidade entre diferentes xeracións. (…)”
Bases do XVII Certame Literario Terras de Chamoso
O escritor Rafael Fernández Lorenzo gaña o XVII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil convocado pola Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“O XVII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil convocado pola Deputación da Coruña xa ten gañador: o escritor cangués Rafael Fernández Lorenzo coa obra As pedras verdes, unha novela que conta a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual cun relato no que a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais.
O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, estivo composto por autoras e autores cunha recoñecida traxectoria na creación literaria en lingua galega como Tamara Andrés, Elvira Ribeiro, Miguel López (El Hematocrítico), Arancha Nogueira e o gañador da última edición, Lois Pérez, e, como secretaria, a xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat.
O xurado tamén salientou da obra premiada o tratamento da diversidade lingüística e a creación dun mundo fantástico propio para achegar ao lector unha cultura indíxena de ultramar a través dun exercicio literario moi evocador.
Rafael Fernández Lorenzo é escritor e colabora en diversos medios con artigos de creación e crítica literaria. A súa obra está traducida ao éuscaro, portugués, catalá e castelán. O premio que acaba de recibir está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra. (…)”