No pasamento de Xosé Neira Vilas

No día do seu pasamento a AELG rende homenaxe ao seu Socio de Honra, Xosé Neira Vilas. Non foi só unha testemuña privilexiada da historia de Galiza senón tamén un construtor da máis fermosa historia que nos constituiu aos galegos e galegas.
Puxo as pedras baselares para a construción dunha literatura galega e en galego, e traballou sempre para que os nenos e nenas tivesen unha educación en galego.

DESTA TERRA

Auga, pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.

Xosé Neira Vilas web AELG