O luns 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Miguel Mato, quen recitará acompañado pola música de guitarra de Brais Morán, e o poeta do Bierzo Juan Carlos Mestre, quen tamén tocará o acordeón.