A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fai público o seu manifesto do Día de Rosalía de Castro de 2016, que foi encomendado ao autor Suso de Toro, quen foi tamén o encargado de darlle lectura o domingo 21 de febreiro, no acto central co que a AELG conmemorou a data de nacemento da nosa autora no Panteón de Galegos Ilustres.
Este manifesto será tamén lido en todos os actos que esta entidade celebrará por todo o país entre hoxe domingo e o propio Día de Rosalía de Castro, o vindeiro mércores 24 de febreiro.
Pode consultar o manifesto aquí.
E aquí, fotos do acto.
Máis información sobre os diversos actos do Día de Rosalía, aquí.