O martes 3 de maio, ás 20:00 horas, en Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago de Compostela, o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, entregará os Premios da Crítica 2015, que concede todos os anos o 23 de abril a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL). Os galardóns en lingua galega deste ano, propostos pola Asociación Galega da Crítica, recaeron na obra O Deserto (Apiario) de María do Cebreiro, na modalidade de poesía, e na novela O último día de Terranova (Xerais) de Manuel Rivas, na modalidade de narrativa. No acto intervirán tamén Inmaculada Otero Varela e Dolores Vilavedra.