“A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame. Corrección de erros publicada no DOG do 25 de abril de 2016.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2016.
A quen vai dirixido?
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Máis información:
981 541 689 / 981 545 702
roteiros.ctb@xunta.es”