O mércores 18 de maio, ás 18:00 horas, na Sala Dalí do Instituto Cervantes de Roma (Piazza Navona, 91), María do Cebreiro falará sobra a súa obra, do panorama poético galego hoxe e lerá algúns dos seus poemas. O recital está organizado polo profesor Attilio Castellucci, responsable do Centro di Studi Galeghi della Sapienza Università di Roma, en colaboración co Instituto Cervantes.