Charlas de Berta Dávila en Perugia e Roma (Italia)

“Esta semana a escritora Berta Dávila estará presente en Italia para falar da súa obra con motivo da tradución da novela O derradeiro libro de Emma Olsen ao italiano que publica Aguaplano (L’ultimo libro di Emma Olsen), moi ben acollida pola crítica. Alén doutros encontros, participará en charlas que se enmarcan dentro da actividade cultural dos Centros de Estudos Galegos de Roma e Perugia. O luns 23 estará no Instituto Cervantes de Roma ás 18:00 (Piazza Navona 91), onde será entrevistada polo profesor Attilio Castellucci, director do Centro de Estudos Galegos de Roma. O martes 24 dialogará en Perugia con Ginevra Amadio, Giovanni Dozzini e Marco Paone no Museo Arqueolóxico Nacional de Umbria ás 18:00 h.”

Literatura galega en Roma

O Instituto Cervantes, en colaboración co Centro de Estudos Galegos de Roma acubillado na Università La Sapienza, organiza tres xornadas dedicadas á lingua e a literatura galegas. O martes 21 de maio terá lugar unha performance a cargo da poeta Yolanda Castaño e o músico Isaac Garabatos.
Seguiralle un coloquio o día 28 de maio da man de Marco Paone e Attilio Castellucci, profesores da Universidade de Perugia e a Universidade da Sapienza e directores dos Centros de Estudos Galegos de ambas universidades, baixo o título “Il galego, origini di una lingua e della sua letteratura” (“O galego, as orixes dunha lingua e da súa literatura”).
Poralle fin a estas xornadas Suso de Toro o día 5 de xuño, autor con obra traducida ao italiano como dá conta o Uomo senza nome publicado pola editorial Gran Via en 2008.”

Roma: conferencia de María do Cebreiro

OMaría do Cebreiro mércores 18 de maio, ás 18:00 horas, na Sala Dalí do Instituto Cervantes de Roma (Piazza Navona, 91), María do Cebreiro falará sobra a súa obra, do panorama poético galego hoxe e lerá algúns dos seus poemas. O recital está organizado polo profesor Attilio Castellucci, responsable do Centro di Studi Galeghi della Sapienza Università di Roma, en colaboración co Instituto Cervantes.